JESÚS BALSEIRO Y RICARDO DIEZ S.C - Receitas.

Receitas.

Aconséllase degustar o marisco sempre ao natural, sen engadir condimentos que enmascaren o seu auténtico sabor a mar. En cru, ao vapor ou á prancha, é a forma máis recomendable para gozar dun bo produto. Sen embargo, con imaxinación poderemos combinar sabores e texturas para sorprender a nosos comensais.

  • Ameixas Salteadas.

    Faga click para ampliar a imaxe Ingredientes para 4 persoas:
    • 1 kg. de ameixas
    • 1 limón
    • 1 cullerada de pirixel picado
    • 1 pizca de sal

    Preparación: 

    Bótanse as ameixas a lume forte. Cando abran, róreas co zume do limón, o sal e o pirixel.

  • Ameixas á Marinera.

    Faga click para ampliar a imaxe Ingredientes para 4 persoas:
    • 50 cc. de aceite de oliva
    • 1,5 Kg de ameixas
    • 1 cebola grande
    • 2 allos
    • 1 cullerada de fariña
    • 1 folla de loureiro
    • 1 cullerada pirixel picado
    • ½ cullerada de pemento vermello doce ou picante (opcional)
    • 1 vaso de viño Branco
    Preparación:
    Nunha tixola, co aceite ben quente, poñer a cebola moi picada. A seguir engadir as ameixas. Cando empezan a abrir agregáselles o viño, o pemento, o loureiro, o pirixel e finalmente a fariña. Deixar ferver sen parar de remover para que non se pegue. Cando espese a salsa, xa están listas para servir.

  • Ameixas con fabas.

    Faga click para ampliar a imaxe Ingredientes para 4 persoas:
    • 400 gr. de fabas brancas
    • 500 gr. de ameixas
    • 2 allos
    • 1 cebola picada
    • 1 cucharadita de pemento doce
    • 80 cc. de aceite de oliva
    • 1 folla de loureiro
    • 1 ramito de pirixel
    • 1 pizca de pementa negra molida
    • 1 pizca de sal

    Preparación:

    A véspera deíxanse as fabas en remollo en auga morna. No momento de cociñalas escóanse e botanse nunha cazola cubertas con auga fría. Poñense a lume medio e cando empecen a ferver “asustanse” cun pouco de auga fría e deíxanse que volvan a ferver.
    Incorpóranse o loureiro, o pirixel e un pouco de sal. Necesitarán cocer unha hora e media. Se non dispós de tempo, tamén é moi útil o socorrido bote de alubias en conserva.
    Nunha tixola se sofríe nun pouco de aceite a cebola e o allo, todo ben picadiño, cando empece a coller cor, engadir as ameixas xa lavadas e un cucharón do auga de cocer as fabas. Deíxanse cocer ata que abran e condimentanse co pemento, procurando que non se queime.
    Únense as ameixas á cazola coas fabas e dáse un fervor conxunto, removendo para que engorde a salsa. Se fose necesario corrixir de sal e servir moi quente.

  • Capricho de ameixas.

    Faga click para ampliar a imaxe Ingredientes para 4 persoas:
    • 1 kg. de ameixas grandes de primeira calidade
    • Vinagre de Módena
    • Aceite de oliva

    Preparación :

    Poñer as ameixas unha vez lavadas nunha prancha ou tixola ao lume cunhas pingas de aceite de oliva. Retiralas cando empezan a abrir e colocanse nunha fonte de servir. Nun recipiente pequeno verter unhas culleradas de vinagre de Módena e presentar á mesa.
    Cóllese unha ameixa e coa cuncha que contén a carne deixamos que se poña en contacto pola parte de embaixo co vinagre de Módena; LEVALA á boca para degustar.

  • Berberechos á prancha.

    Faga click para ampliar a imaxe Ingredientes:
    • 1 kg. de berberechos
    • Aceite
    • Allo e pirixel
    • Limón

    Preparación:

    Nun morteiro prepárase unha mestura cun chorro de aceite, un pouco de zume de limón e allo e pirixel machucádevos. Quéntase moi ben unha tixola ou prancha, imprégnase cun pouco da mestura e pon sobre ela o marisco, deixándoo facer a lume mediano ata que se vexa que comezan a abrirse, impregnándoos nese momento con axuda dun pincel coa mestura do morteiro... e terminar de facer ata que estean ben abertos (imprégnanse novamente co pincel para que o final nos queden zumentos). Sérvense quentes.

  • Berberechos ao vapor de limón.

    Faga click para ampliar a imaxe Ingredientes para 6 persoas.
    • 1 kg. de berberechos
    • 6 limóns grandes
    • 2 dentes de allo
    • Pirixel picado
    • Aceite de oliva virxe

    Preparación:

    Córtase a parte superior dos limóns a modo de “testo” co fin de utilizalos despois como recipientes. Baleíranse ben deixando algo de polpa nas paredes interiores. Facemos tamén un lixeiro corte na parte baixa do limón co fin de apoialos despois na bandexa de fornear. Prequentamos o forno.
    Nunha cazola abrir os berberechos ao vapor e separar a carne da cuncha e reservar. Nunha tixola poñemos un chorro de aceite, engadimos o allo picado e o pirixel e o rehogamos un pouco antes de botar os berberechos. Removemos durante un minuto e con esta mestura reenchemos os limóns. Nunha bandexa colocamos os limóns e deixámolos a 180º durante uns 10 minutos para que o berberecho absorba o vapor do limón.

  • Ameixas crúas con limón.

    Faga click para ampliar a imaxe Ingredientes para 4 persoas:
    • 2 kg. de ameixas grandes
    • 4 limóns
    • Xeo picado

    Preparación:

    Con axuda dun coitelo afiado abrimos as ameixas como se de ostras se tratasen, con coidado de non romper a carne interior. Rorámolas cunhas pingas de zume de limón e xantámonolas.
    Para servilas á mesa podémolas acomodar sobre unha boa capa, nunha bandexa, de xeo picado.

  • Ameixas con gambas.

    Faga click para ampliar a imaxe Ingredientes para 4 persoas:
    • 600 gr. de ameixas
    • 300 gr. de gambas
    • 2 culleradas de pirixel picado
    • 2 dentes de allo
    • 1/2 copa de viño branco
    • 4 culleradas de aceite de oliva
    • Sal

    Preparación:

    Poñer unha tixola co aceite a lume frouxo. Cando estea quente, engádese o dente de allo torado. Unha vez que teña collido cor, sóbese a intensidade do lume e bótanse as ameixas, as gambas peladas e o pirixel, todo ao tempo.
    Sazonamos e deixamos 1 minuto coa tixola tapada. Transcorrido, botamos o viño e mantemos 1/2 minuto. Servir inmediatamente

  • Ameixas con fideos.

    Faga click para ampliar a imaxe Ingredientes para 4 persoas:
    • 500 grs de fideos semigruesos
    • 250 grs de ameixas
    • 2 dentes de allo
    • 1 cebola grande
    • 2 pementos verdes
    • 2 tomates maduros
    • 1 folla de loureiro
    • Pirixel
    • Pemento morrón
    • Aceite de oliva
    • Sal e Auga

    Preparación:

    Sofreír os allos, a cebola e o loureiro. Engadir pemento e tomate torado. Mentres, cocer cun pouco de auga as ameixas ata que se abran, apártanse e resérvense co líquido. Poñer nunha olla o rustrido, agregarlle a auga das ameixas, ferver e agregar os fideos semigruesos durante uns dez minutos.
    Botar as ameixas enteiras, con pemento morrón torado, sazonar e poñer pirixel picado. Dar un último fervor de dous minutos, apartar e servir quente.

  • Navallas á prancha.

    Faga click para ampliar a imaxe Ingredientes para 4 persoas
    • 1 kg. de navallas
    • Aceite
    • Limón

    Preparación:

    Pasámolas baixo a auga do grifo. Nunha tixola, poñemos un chorrito de aceite, e unhas cantas navallas, tapámolas. Témolas un minuto por ambas caras e sacámolas.
    Presentamos nunha bandexa e roramos cun chorrito de limón por riba.

  • Ostras gratinadas.

    Faga click para ampliar a imaxe Ingredientes para 6 persoas:
    • 12 ostras
    • 80 gr. de manteiga
    • 2 culleradas de fariña
    • ½ litro de leite
    • Sal
    • 100 gr. de queixo relado
    • 2 ovos (usaremos súas yemas)

    Preparación:

    Abrimos as ostras e as poñemos nunha cazoliña. Reservamos 6 conchas. Fervemos as ostras en seu jugo durante uns minutos.
    Para preparar a bechamel faremos o seguinte: derretemos 50 gr de manteiga, incorporamos a fariña e mesturamos moi rápido para evitar que se formen grumitos. A seguir, diluímos moi amodo co leite quente, sazonamos con sal e deixamos cocer durante 10 minutos, sen deixar de remover. Pasado ese tempo xa teremos a salsa, retirámola do lume. Agregamos a metade do queixo relado á salsa, as dúas yemas e mesturamos ben.
    Poñemos unha capa de bechamel sobre cada unha das conchas que tiíamos reservadas. Colocamos dúas ostras no centro de cada unha delas e cubrimos de novo con bechamel. Espolvoreamos con queixo relado e terminamos cuns anacos de manteiga. Metemos ao forno e deixamos gratinar ata que se forme unha capa dourada. Servir quente.

  • Mexillóns ao forno.

    Faga click para ampliar a imaxe
    Ingredientes para 4 persoas:
    • 1 k de mexillóns
    • 1 vaso de viño branco
    • 1 folla de loureiro
    • 1 cullerada de améndoa molida
    • cebollino picado
    • 1/2 l de leite
    • 2 culleradas sopeiras de fariña
    • sal
    • pementa
    • noz moscada
    • manteiga

    Preparación:

    Limpar e lavar retirando todas as impurezas e barbas aos mexillóns. Cocer nunha cacerola xunto co viño branco e a folla de loureiro ata que os mexillóns se abran. Facer a bechamel, poñendo nun recipiente a lume lento a manteiga, unha vez derretida engadir a fariña, importante mesturar ben para que non quede grumos.
    A seguir, ir engadindo o leite aos poucos e sen deixar de remover, ata obter a espesura desexado, por último salpimentar e botar un pouquiño de noz moscada. Incorporar as améndoas á bechamel mesturando ben. Retirar unha das conchas dos mexillóns, deixando só a cuncha onde está o mexillón, dispoñer estes sobre unha fonte refractaria e repartir a bechamel por cada un deles. Gratinar no forno ata que se doren, decorar espolvoreando con cebollino picado.

Aviso Legal © JESÚS BALSEIRO Y RICARDO DIEZ S.C 2013